Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo e Ferrol reafirman o seu irmandamento e defenden o municipalismo como clave da recuperación postpandemia

Lugo e Ferrol reafirman o seu irmandamento e defenden o municipalismo como clave da recuperación postpandemia

A alcaldesa, Lara Méndez, recibiu a Ángel Mato na Casa Consistorial para celebrar a xornada das festas na que se conmemora o Día do Ferrol.

A rexedora lucense defendeu o papel das Administracións locais como “clave da recuperación trala Covid” e reivindicou servizos, comunicacións e infraestruturas “para que as cidades sigamos avanzando”.

O acto, que comezou cun minuto de silencio en memoria do policía local José Gómez Peña e de Valeriano Martínez, organizouse dende a máis estrita sobriedade, en sinal de respecto polos pasamentos.

Lara Méndez trasladou o pésame da Corporación á familia e compañeiros do axente e do conselleiro e desculpou a ausencia no evento do Partido Popular, que mantén o loito oficial por este último. 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • COVID-19,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico
Sábado, 09 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo e Ferrol reafirman o seu irmandamento e defenden o municipalismo como clave da recuperación postpandemia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este sábado ao rexedor da cidade departa-mental, Ángel Mato, con motivo da conmemoración do Día do Ferrol, no marco dos fes-texos de San Froilán.

A xornada comezou cunha recepción oficial na Casa do Concello á que tamén acudiu o portavoz do Executivo ferrolán, Julián Reina.

O acto, que comezou cun minuto de silencio en memoria do policía local José Gómez Peña e de Valeriano Martínez, foi organizado dende a máis estrita sobriedade, en sinal de respecto polos pasamentos. Méndez dedicou as súas primeiras palabras a trasladarlle o pésame da Corporación á familia e compañeiros do axente e do conselleiro e desculpou a ausencia no evento do Partido Popular que mantén o loito oficial por este último.

Durante a recepción, a alcaldesa lembrou o inicio do irmandamento formal entre as dúas localidades hai dúas décadas, “oficializando un vínculo moito máis antigo que xa a historia dos nosos pobos testemuña como vilas de orixe loitadora, actualmente representadas co Castelo, no voso caso, e coa Muralla, no de Lugo, como símbolos identitarios que nos permiten recordar o pasado e os lazos que nos unen e que, sen dúbida, son a icona da afouteza e valentía das nosas xentes que tanto e tan ben o levan demostrado neste último ano e medio tan complexo que vivimos”, destacou Lara Méndez.

A rexedora aludiu, tamén, durante a súa intervención á defensa do municipalismo como clave da recuperación na etapa da postpandemia e reivindicou máis e mellores servizos, comunicacións e infraestruturas para “que as cidades poidamos seguir avanzando e resolvendo as necesidades e dificultades da veciñanza. Sempre no camiño do entendemento, engadiu, e coa colaboración institucional como ferramenta imprescindible”, afirmou.

Para finalizar o encontro, os mandatarios locais realizaron un intercambio de agasallos. Lara Méndez entregou a Ferrol unha acuarela da Praza do Ferrol, do autor Manuel López Guitar. E Ángel Mato a Lugo unha placa de metacrilato, tamaño folio, con imaxes de edificios do arquitecto Rodolfo Ucha, ao que a cidade de Ferrol dedicou este ano 2021.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o irmandamento municipal |  Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-e-ferrol-reafirman-o-seu-irmandamento-e-defenden-o-municipalismo-como-clave-da

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/091021_lara_mendez_-_dia_do_ferrol_0.mp3