Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo e Armada Ferrol entréganse á primeira Semana Santa de Interese Turístico Galego

Lugo e Armada Ferrol entréganse á primeira Semana Santa de Interese Turístico Galego

Deste xeito, renovaron un ano máis o vínculo que os une dende hai 66 anos nestas datas, concretamente na procesión da Virxe da Esperanza

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Luns, 15 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo e Armada Ferrol entréganse á primeira Semana Santa de Interese Turístico Galego

O Concello de Lugo e a Armada de Ferrol entregáronse este luns á Semana Santa, que estrea o distintivo de Festa de Interese Turístico Galego. Deste xeito, renovaron un ano máis o vínculo que os une dende hai 66 anos nestas datas, concretamente na procesión da Virxe da Esperanza, que un ano máis será escoltada esta tarde-noite, se o tempo o permite, polas rúas de Lugo polos membros da Armada.

Os actos arrincaron na Casa Consistorial, onde a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Presidente da Deputación, Darío Campos, e o resto da Corporación Municipal recibiron ás autoridades da Armada. Nos actos tamén participaron representantes da Cofraría da Virxe da Esperanza.

Na Praza Maior, diante do Concello, formáronse as tropas, ante a atenda mirada de lucenses e visitantes. Tras pasar revista e saúdar ás autoridades, Lara Méndez e o Almirante Xefe da Armada, Antonio Duelo Menor, presidiron a tradicional parada militar, na que se rendeu homenaxe aos "caídos". Deseguido tivo lugar a retirada da Bandeira e o desfile de tropas. Finalizado este, a Banda de Música da Armada ficou na Praza Maior, intepretando distintas marchas militares.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-e-armada-ferrol-entreganse-primeira-semana-santa-de-interese-turistico-galego