Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo, contra a explotación sexual e trata de persoas

Lugo, contra a explotación sexual e trata de persoas

A Alcaldesa, o Vicepresidente da Deputación, e representantes das asociacións Aliad Ultreia, Cáritas e Bonhomía, concentráronse este venres na Praza Maior, onde se presentou un spot que denuncia esta lacra que afecta a 2,5 millóns de persoas

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Asociacións sociais,
    • Igualdade
Venres, 23 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo, contra a explotación sexual e trata de persoas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e representantes das asociacións Aliad Ultreia, Cáritas e Bonhomía, concentráronse este venres na Praza Maior no Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trata de Persoas. No acto tamén estiveron presentes os Concelleiros de Benestar Social, Igualdade e Inclusión; Deportes e Medio Rural e Educación e Infraestruturas Urbanas, Ana Abelleira, Miguel Fernández e Manuel Núñez, respectivamente.

No acto, no que se presentou un spot realizado pola Fundación TIC para concienciar desta lacra que se incrementou de forma alarmante nos últimos anos, a rexedora pediu a implicación de administracións e sociedade para traballar contra esta problemática, tomando como exemplo a política que se sigue nos países nórdicos, onde se castiga ao cliente para loitar contras as redes e o proxenetismo.

Segundo as Nacións Unidas estímase en 2,5 millóns o número de persoas vítimas de trata. Con todo, calcúlase que por cada vítima de trata de persoas identificada existen 20 máis sen identificar. A metade das vítimas de trata son menores de 18 anos, concretamente do 15 ao 20% das vítimas son nenos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-contra-explotacion-sexual-e-trata-de-persoas