Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo conta con 7 contedores para a reciclaxe de residuos eléctricos ou electrónicos

Lugo conta con 7 contedores para a reciclaxe de residuos eléctricos ou electrónicos

Daniel Piñeiro avanzou, na súa visita ás actividades desenvolvidas no mercado municipal Quiroga Ballesteros dentro da campaña O Que se enchufa recíclase, que o Goberno estuda instalar puntos limpos móbiles na cidade

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Martes, 24 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo conta con 7 contedores para a reciclaxe de residuos eléctricos ou electrónicos

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, visitou este martes as actividades desenvolvidas no mercado municipal Quiroga Ballesteros no marco da campaña de información e concienciación O que se enchufa recíclase, coa que colabora o Concello e que dota á cidade de maneira permanente de 7 contedores para depositar residuos eléctricos e electrónicos en establecementos comerciais. A súa situación pode consultarse na web www.oqueseenchufareciclase.gal [1] 

Piñeiro subliñou que o Concello “está moi implicado con este tipo de campañas, que axudan a atallar o descoñecemento que aínda teñen moitas persoas sobre a reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos, que nalgúns casos poden ser perigosos”. De feito, engadiu, no novo contrato de limpeza viaria e recollida de lixo que o Goberno está preparando, “estudamos incluír a instalación de puntos móbiles na cidade para facilitar precisamente a recollida deste tipo de residuos”.

O que se enchufa recíclase ten unha duración de 9 meses e percorrerá 138 municipios galegos de máis de 4.000 habitantes. En cada municipio instálase un posto informativo no que un equipo de técnicos explicará á cidadanía distintas inquedanzas sobre a reciclaxe.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-conta-con-7-contedores-para-reciclaxe-de-residuos-electricos-ou-electronicos

Ligazóns:
[1] http://www.oqueseenchufareciclase.gal/