Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo condena o ataque terrorista de Manchester

Lugo condena o ataque terrorista de Manchester

  • Tema
    • Participación
Martes, 23 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo condena o ataque terrorista de Manchester

A Corporación municipal de Lugo, coa a Alcaldesa, Lara Méndez, á fronte, o Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outros representantes da entidade provincial, e veciños e veciñas participaron este martes na concentración que tivo lugar diante da casa consistorial para gardar un minuto de silencio en repulsa polo atentado ocorrido onte pola noite na cidade británica de Manchester e en solidariedade e afecto cara as vítimas e os seus familiares. O ataque matou alomenos a 22 persoas, entre elas menores de idade, e 59 resultaron feridas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-condena-o-ataque-terrorista-de-manchester