Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo condena nunha concentración a masacre de Orlando

Lugo condena nunha concentración a masacre de Orlando

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Solidariedade
Martes, 14 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo condena nunha concentración a masacre de Orlando

A Corporación municipal de Lugo, coa a Alcaldesa, Lara Méndez, á fronte, representantes da Deputación de Lugo e do Parlamento galego, e veciños e veciñas concentráronse na mañá deste martes diante da casa consistorial para gardar un minuto de silencio en repulsa pola masacre de Orlando e en solidariedade e afecto cara as vítimas e os seus familiares. O Concello condena este vil acto de terrorismo e odio perpetrado contra a comunidade homosexual, a peor matanza ocorrida en Estados Unidos dende o 11-S. “En nome do pobo de Lugo manifestamos a nosa repulsa categórica a calquera tipo de violencia, sexa terrorismo islámico ou homófobo. Dende o Concello defenderemos sempre a liberdade sexual de todas as persoas e a elección que fagan da súa forma de vida”, subliñou a Alcaldesa. 

Audio

  • Lara Méndez condena o atentado ocorrido en Orlando|Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-condena-nunha-concentracion-masacre-de-orlando

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/140616_condena_atentado_orlando_alcaldesa.mp3