Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo, a cidade máis económica para aloxarse en marzo

Lugo, a cidade máis económica para aloxarse en marzo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Información turística,
    • Promoción turística
Luns, 13 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O comparador de prezos de hoteis e viaxes www.trivago.es [1] vén de declarar a Lugo como cidade máis económica para aloxarse no mes de marzo, cun prezo de 58 euros, cunha diferenza de máis de 39 euros con respecto á máis cara. Ademais de Lugo, atópanse nesta lista A Coruña, Santiago, Salamanca e Lleida.

Esta distinción, a segunda en menos de 6 meses e que se suma ao recoñecemento de Destino Recomendado 2014 que tamén lle outorgara esta plataforma que opera en máis de 20 países, é unha nova oportunidade para seguir incrementando os viaxeiros que recibe Lugo e para aumentar a pernoctación no municipio. Lugo tamén foi destino máis económico en xaneiro do pasado ano.

 

Audio

  • Lugo, destino económico | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-cidade-mais-economica-para-aloxarse-en-marzo

Ligazóns:
[1] http://www.trivago.es/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/170313_001.mp3