Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo celebra o Día Mundial do Comercio Xusto cun mercado e diversas actividades na Praza Maior

Lugo celebra o Día Mundial do Comercio Xusto cun mercado e diversas actividades na Praza Maior

O evento enmárcase na I Semana Intercultural de Lugo, impulsada polo Concello e a asociación Lugo Xusta, para sensibilizar á poboación sobre as alternativas de consumo

  • Tema
    • Asociacións sociais,
    • Solidariedade,
    • Consumo
Sábado, 13 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra o Día Mundial do Comercio Xusto cun mercado e diversas actividades na Praza Maior

A Praza Maior acolleu este sábado unha gran festa para conmemorar o Día Mundial do Comercio Xusto, na que houbo un Mercado de comercio Xusto e Responsable e actividades diversas ao longo de toda a xornada. O evento enmárcase na I Semana Intercultural de Lugo, impulsada polo Concello e a asociación Lugo Xusta.

Esta programación cumpre un dobre obxectivo: sensibilizar á poboación lucense sobre as alternativas de consumo e promover a candidatura de Lugo como Cidade polo Comercio Xusto, dando cumprimento ademais a un acordo do Pleno Municipal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-celebra-o-dia-mundial-do-comercio-xusto-cun-mercado-e-diversas-actividades-na-praza-maior