Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo celebra o Día da Optometría co colexio de Ópticos de Galicia

Lugo celebra o Día da Optometría co colexio de Ópticos de Galicia

  • Tema
    • Alcaldía
Martes, 16 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra o Día da Optometría co colexio de Ópticos de Galicia

Lugo celebra este martes o Día da Optometría xunto ao colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, dedicado, nesta edición á presbicia, que sufren o 45% dos galegos e galegas. Para elo, o colexio instalou unha carpa informativa na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, ata onde se achegou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Durante a visita, a rexedora insistiu na importancia da prevención para a saúde visual. Así mesmo reivindicou a inversión na sanidade pública e avogou por un acceso igualitario á saúde visual, ao tempo que fixo fincapé na importancia da profesión, en crecemento, de óptico-optometrista.

Este colexio oficial, que preside Eduardo Eiroa, manterá ao longo da xornada de hoxe esta mesa informativa e diversas ópticas da cidade informarán ás persoas interesadas.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o Día da Optometría | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-celebra-o-dia-da-optometria-co-colexio-de-opticos-de-galicia

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/161018_alcaldesa-diaoptometria.mp3