Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo celebra hoxe o Día Mundial da Calceta

Lugo celebra hoxe o Día Mundial da Calceta

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 21 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, a través do departamento de Animación Sociocultural, festexa hoxe o Día Mundial da Calceta.

Por segundo ano consecutivo, estase a celebrar en Lugo, igual que se fai noutras cidades, unha xuntanza aberta para todo o público que queira calcetar e ganchillar en compañía doutras persoas que comparten esta mesma afición.

Esta actividade estase a desenvolver na Praza Maior, nos soportais da Casa do Concello, dende as 11 ata as 14 horas e, pola tarde, de 17 a 20 horas. O obxectivo é retomar o costume de sair á rúa a calcetar e a disfrutar da compañía doutras persoas, compartindo un tempo de conversa e de relación cos demais.

Para participar nesta actividade só é necesario acudir provisto do material necesario para calcetar ou ganchillar.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-celebra-hoxe-o-dia-mundial-da-calceta