Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrea nova web na que se pode consultar toda a información sobre a programación

Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrea nova web na que se pode consultar toda a información sobre a programación

A través da páxina https://www.lugocapitaldacultura.com/ [1] as persoas interesadas poderán atopar información actualizada das actividades e eventos desta cita transfronteiriza.

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o vindeiro xoves, a partir das 19:30 horas, o evento inaugural cos concertos de Abraham Cupeiro e a Orquestra Filarmónica de Braga.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Novas tecnoloxías
Venres, 17 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrea nova web na que se pode consultar toda a información sobre a programación

Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrea nova web: https://www.lugocapitaldacultura.com/ [1] A través desta páxina, os cidadáns e cidadás poderán atopar información actualizada sobre as actividades e eventos que acollerá o municipio, de febreiro a novembro, con motivo desta cita transfronteiriza.

A programación contempla máis de 30 programas diferentes durante este 2023 e máis dun centenar de actividades referentes a todas as disciplinas culturais e artísticas, e en todas elas se mesturará o talento lucense, do resto de Galicia e do norte de Portugal. Así mesmo, inclúe actividades de nova creación, xunto con outras xa consolidadas na cidade como o Arde Lvcvs, o San Froilán ou o Caudal Fest.

Nesta páxina tamén se atopa dispoñible información sobre os grandes eventos que se celebran na cidade; os seus tres Patrimonios da Humanidade; os museos e centros culturais de Lugo; así como información sobre outros lugares de interese no municipio e diferentes rutas de sendeirismo.

Evento inaugural

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o vindeiro xoves, 23 de febreiro, a partir das 19:30 horas, o evento inaugural da séptima edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico cos concertos do lucense Abraham Cupeiro e a Orquestra Filarmónica de Braga.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-capital-da-cultura-do-eixo-atlantico-estrea-nova-web-na-que-se-pode-consultar-toda

Ligazóns:
[1] https://www.lugocapitaldacultura.com/