Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo, candidata a cidade máis accesible de España

Lugo, candidata a cidade máis accesible de España

Nunha campaña posta en marcha por unha empresa líder en solucións de accesibilidade, Lugo foi proposta candidata polos seguidores nas redes sociais

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Accesibilidade,
    • Infraestruturas
Xoves, 15 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un total de 44 municipios, entre os que se encontra Lugo, compiten na segunda edición da campaña Destino Turístico Accesible, organizada pola empresa ThyssenKrupp Encasa, que busca a cidade española que máis promove a eliminación de barreiras arquitectónicas.

As plataformas Facebook, Twitter e Google+ permitiron aos usuarios propoñer os mellores destinos turísticos para que calquera persoa poida gozar do patrimonio artístico e as actividades de ocio e tempo libre. Todos os municipios participantes contan cun plan integral de accesibilidade e este certame ten como obxectivo recoñecer o traballo que están levando a cabo os municipios españois por impulsar un turismo sen barreiras.

O prazo para as votacións está aberto dende o 13 de outubro ao 30 do mesmo mes e todos os usuarios poderán votar a través da web www.destinoaccesible.es [1]

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a candidatura a cidade máis accesible de España|Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-candidata-cidade-mais-accesible-de-espana

Ligazóns:
[1] http://www.destinoaccesible.es
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/151015_miguel-fernandez-lugo-accesible.mp3