Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo apagará o sábado pola natureza a iluminación pública da Muralla, a Catedral e a Casa Consitorial

Lugo apagará o sábado pola natureza a iluminación pública da Muralla, a Catedral e a Casa Consitorial

A entidade local súmase un ano máis á Hora do Planeta e apagará as luces dende as 20:30 ás 21:30 horas, simbolizando o seu compromiso contra o cambio climático e en defensa do medio ambiente

  • Tema
    • Consumo,
    • Urbanismo
Mércores, 27 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo súmase un ano máis á Hora do Planeta este sábado, 30 de marzo, e apagará a iluminación pública da Muralla, a Catedral e a Casa Consistorial, dende as 20:30 ás 21:30 horas, simbolizando así o compromiso da entidade local coa convocatoria promovida pola organización internacional WWT contra o cambio climático, a maior iniciativa global en defensa da natureza, e apoiada por Nacións Unidas.

A entidade local convida á veciñanza a sumarse a esta iniciativa cun pequeno gran xesto como apagar a luz unha hora o sábado tarde, co que todos poderán contribuír de xeito simóblico á defensa do medio ambiente, unha responsabilidade de toda a sociedade.

Neste 2019 cúmprense 12 anos dende a primeira edición da Hora do Planeta, realizada en Sidney, cando 2,2 millóns de persoas apagaron as luces como unha chamada á accción fronte ao cambio climático. Este movemento, que empezou nunha sola cidade estendeuse xa a 188 países.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-apagara-o-sabado-pola-natureza-iluminacion-publica-da-muralla-catedral-e-casa-consitorial