Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acollerá o día 24 as xornadas sobre porco celta de maior entidade de Galicia

Lugo acollerá o día 24 as xornadas sobre porco celta de maior entidade de Galicia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Programación cultural
Xoves, 15 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acollerá o día 24 as xornadas sobre porco celta de maior entidade de Galicia

A Alcaldesa, Lara Méndez, xunto á deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o delegado da Xunta na provincia, Xosé Manuel Balseiro, e o Presidente de ASOPORCEL, José Barreira Alonso, participou  este xoves na presentación da II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, que terá lugar o 24 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Ademais de agradecer que a cidade acolla as xornadas sobre porco celta máis importantes de Galicia, Méndez puxo en valor o traballo e esforzo da actual directiva de ASOPORCEL, que contribuíu de forma determinante a abrir a nova etapa de pleno crecemento que está a vivir a crianza e comercialización de porco celta, sendo hoxe un producto de calidade moi demandado no mercado nacional e internacional, o que abre novas posibilidades de creación de emprego no rural. Neste senso, a Alcaldesa destacou as medidas adoptadas polo seu Goberno para a dinamización socioeconómica do rural e, polo tanto para fixar poboación, como o investimento de 4M€ no que vai de mandato na dotación e mellora de servizos e infraestruturas nas 54 parroquias lucenses, vantaxes fiscais, como a bonificación máxima, do 95%, da cota íntegra do IBI das explotacións vinculadas co sector primario e a rebaixa do 50% do ICIO nas licenzas de explotacións agrodandeiras e forestais, ou a posta en marcha da oficina de atención do rural, que ofrece información e asesoramento gratuítos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acollera-o-dia-24-xornadas-sobre-porco-celta-de-maior-entidade-de-galicia