Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acollerá o Campionato Internacional de Skateboard Style Fighters

Lugo acollerá o Campionato Internacional de Skateboard Style Fighters

  • Tema
    • Deportes
Xoves, 01 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e Pablo Lage de Circo Concepto Original, presentaron o Campeonato Internacional de Skateboard Style Fighters, que terá lugar próximamente na cidade.

“A actividade, englobada na programación de Lugo10, suporá a concentración de centos de mozos e mozas chegados de fóra da cidade, que coñecerán a historia da nosa Muralla Romana e do seu Décimo Aniversario”, explicou Rielo. Nesta competición farase unha proba de obstáculos Lugo10 e entregarase información da cidade e do aniversario a todos os visitantes

O campionato terá lugar a fin de semana do 16 ao 17 de xullo no skatepark do Parque da Milagrosa, ao carón da Casa do Deporte.

A entrada para todos os que desexen disfrutar do evento será totalmente gratuíta, o que posibilita unha oportunidade máis de disfrutar do verán na cidade.

Lage indicou que “será un novo circuíto de skate cen por cen street” e que nesta ocasión contará con premios en metálico para os tres primeiros clasificados:

1º 600 euros
2º 300 euros
3º 100 euros

Ademais haberá unhas 20 tablas cedidas por un dos sponsors do campionato.

As bases sairán publicadas hoxe, 1 de xullo, na web www.conceptocirco.com [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acollera-o-campionato-internacional-de-skateboard-style-fighters

Ligazóns:
[1] http://www.conceptocirco.com