Lugo acolle unha xornada da Liga Galega de Xadrez con máis de 120 xogadores simultáneos
A Tenencia de Alcaldía colabora coa Escola Luguesa de Xadrez na organización deste evento, que tivo lugar no soto da Praza de Abastos.
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, acompañada polo Vicepresidente da Deputación Efrén Castro, realizaron o "saque de honra" da División de Honra.
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Xestión cultural,
- Deportes

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada polo Vicepresidente da Deputación e responsábel de deportes Efrén Castro, foron os encargados do "saque de honra" da xornada da Liga Galega de Xadrez que reuniu a máis de 120 xogadores nas instalacións do soto da Praza de Abastos. Ferreiro destacou a colaboración da Tenencia de Alcaldía coa Escola Luguesa de Xadrez "para converter hoxe a Lugo na capital galega do xadrez".
"Contamos cunha programación para espallar a práctica do xadrez entre a veciñanza, con actividades abertas ao público no verán e tamén durante o curso nos centros de ensino", destacou a concelleira de Cultura, quen salientou que "a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir axilidade mental e habilidades sociais como a concentración, a toma de decisións ou a creatividade".
Ferreiro destacou "o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación", e engadiu "ao longo do ano, as rúas de Lugo e instalacións como a Praza de Abastos acollen diversas actividades para promocionar a práctica do xadrez, convidamos ás veciñas e veciños a participar deste deporte".
