Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle a primeira xornada formativa de cemiterios patrimoniais

Lugo acolle a primeira xornada formativa de cemiterios patrimoniais

Cristina López destacou a importancia desta xornada “para consolidar a Lugo e o noso cemiterio como un referente dos cemiterios patrimoniais”

A xornada contará co secretario permanente da rede iberoamericana de valoración e xestión de cemiterios patrimoniais, Diego Andrés Bernal Botero

  • Tema
    • Programación cultural
Domingo, 19 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle a primeira xornada formativa de cemiterios patrimoniais

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anuciou que Lugo acollerá a primeira xornada formativa de cemiterios patrimoniais sobre musealización de cemiterios. Cristina López destacou que esta xornada “permitirá consolidar o proxecto que estamos a levar adiante desde a área de Participación como para converter o cemiterio de Lugo como un referente dos cemiterios patrimoniais”.

A xornada terá lugar na Domus do Mitreo o vindeiro mércores 22 de decembro, e contará cunha visita pola cultura funeraria lucense (Cemiterio Municipal de San Froilán, Museo Diocesano e Catedralicio e Sala Arqueolóxica de San Roque) e cunha mesa redonda baixo o título Os cemiterios municipais. Musealización e conservación.

A concelleira de Participación estará acompañada na mesa redonda por Diego Andrés Bernal Botero, secretario permanente da rede iberoamericana de valoración e xestión de cemiterios patrimoniais. Ademais a área de Participación contará na mesa redonda con Ana Goy, catedrática de humanidades da USC e Amparo Rubinos, xefa de servizo do cemiterio municipal de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-primeira-xornada-formativa-de-cemiterios-patrimoniais