Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle a exposición itinerante Alejando de la Sota

Lugo acolle a exposición itinerante Alejando de la Sota

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Programación cultural
Luns, 25 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle a exposición itinerante Alejando de la Sota

A  Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre,  o  Deputado de Innovación, Pablo Rivera , e o Presidente do COAG, Raúl José Veiga Lamelas, inauguraron este luns a exposición itinerante Alejando de la Sota, que organiza o COAG (Colexio de Arquitectos Galegos) na Praza de San Marcos, co apoio da Deputación e do Concello de Lugo. A exposición pretende dar a coñecer a figura de Alejandro de la Sota Martínez, co gallo da celebración do Día das Artes Galegas, que este ano a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario adica a este importante arquitecto español da segunda metade do século.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-exposicion-itinerante-alejando-de-la-sota