Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle esta fin de semana a VII Concentración Tuning & Racing Cidade de Lugo no Recinto de Feiras e Congresos

Lugo acolle esta fin de semana a VII Concentración Tuning & Racing Cidade de Lugo no Recinto de Feiras e Congresos

Haberá numerosas actividades tanto o sábado 2 como o domingo 3 de maio para os inscritos nesta concentración de coches

  • Tema
    • Deportes
Martes, 28 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cartel

A cidade de Lugo acolle esta vindeira fin de semana, os días 2 e 3 de maio, a VII Concentración Tunning & Racing Cidade de Lugo, organizada por Ancares Tuning Club no Pazo de Feiras e Congresos.

Esta concentración, que xa é a máis antiga da comunidade galega, comezara o sábado 2 dende as 10:00 da mañá ata a 1 da madrugada e o domingo 3 de maio iniciarase tamén ás 10:00, sendo a entrega de trofeos ás 17:00 e dando por rematadas as actividades ás 18:00 horas.

Durante as dúas xornadas os visitantes contarán con todas as especialidades do mundo do motor: tuning, racing e exposición de clásicos, ademais de que están previstas numerosas actividades para participar todos os asistentes e nas que haberá premios en diferentes categorías, como mellores exteriores, interiores e equipos de son.

Nesta edición xa se confirmaron asistentes de todo Galicia, así como da zona norte de España (Asturias, País Vasco) e tamén das rexións de Castela e León,  Madrid e norte de Portugal.

+ info

  • Cartel da  VII Concentración Tuning & Racing Cidade de Lugo | Descarar jpg [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-este-fin-de-semana-vii-concentracion-tuning-racing-cidade-de-lugo-no-recinto-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_2015_tunning.jpg