Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle esta fin de semana unha proba do Campionato de España de videoxogos deportivos

Lugo acolle esta fin de semana unha proba do Campionato de España de videoxogos deportivos

  • Tema
    • Xuventude
Venres, 10 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Xuventude, Rosana Rielo, e o presidente da asociación ASUPIVA presentaron hoxe no Concello a proba do Campionato de España de videoxogos deportivos que se vai celebrar esta fin de semana na cidade.

A proba desenvolverase os días 10, 11 e 12 no Pavillón do instituto politécnico, segundo informou a Concelleira quen tamén destacou que a competición ten unha parte social e educativa.

Rielo explicou que “todos os rapaces que se inscriban pagarán unha cota de 3 euros e terán que levar algún material electrónico para reciclar, os beneficios adicaranse ó Hospital, para os nenos que estean ingresados”.

Tamén indicou que o Campionato consta de 11 probas que se celebran noutras tantas provincias e a final terá lugar en Madrid.

O premio consistirá nunha viaxe a Eurodisney.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-esta-fin-de-semana-unha-proba-do-campionato-de-espana-de-videoxogos-deportivos