Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle esta fin de semana o XXI Campionato Galego en Sala de Tiro con Arco

Lugo acolle esta fin de semana o XXI Campionato Galego en Sala de Tiro con Arco

  • Tema
    • Deportes
Xoves, 08 de xaneiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Jorge Mato, presentaron esta mañá o XXI Campionato Galego en sala de tiro con arco que terá lugar o vindeiro sábado 10 de xaneiro na cidade.

Un total de 90 arqueiros e arqueiras, os mellores de toda Galicia, competirán  dende as 16:00 horas no polideportivo do IES Lucus Augusti.  A ronda eliminatoria terá lugar a partir das 20:00 horas e sobre ás 20:45 horas realizarase a entrega de trofeos aos gañadores de cada unha das categorías.

O Concelleiro agradeceu á Federación Galega de Tiro con Arco a elección de Lugo para a celebración deste campionato e resaltou “o importante incremento que se está a rexistrar na cidade do número de deportistas, clubes e modalidades deste deporte”.

Pola súa banda, Jorge Mato explicou que a proba que se celebará esta fin de semana será a última gran competición  de inverno antes do campionato de España  que se celebrará en Alicante a finais do mes de febreiro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-esta-fin-de-semana-o-xxi-campionato-galego-en-sala-de-tiro-con-arco