Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle a 19ª edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics

Lugo acolle a 19ª edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Domingo, 29 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle a 19ª edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación municipal participaron este domingo no acto de apertura dos 19º Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics, que reuniron na cidade a preto de 300 deportistas con discapacidade intelectual nas instalacións do Pazo Provincial dos Deportes. A rexedora expresou o seu agradecemento aos participantes “polo seu esforzo, ilusión e superación”. “Hoxe gañamos todos, vós por xogar e nós por vervos superarvos día a día”, subliñou.

Esta nova edición dos xogos está organizada por Special Olympics Galicia en colaboración con FADEMGA Plena Inclusión Galicia e promovida pola entidade lucense de ASPNAIS. O obxectivo destes xogos é estimular ás persoas con algunha discapacidade para que se superen.

Participaron 19 asociacións das catro provincias galegas, que desprazaron a un total de 287 deportistas con discapacidade intelectual e 63 adestradores. Como é habitual nestas xornadas, o papel do voluntariado volveu a ser fundamental. Nesta edición contouse con 63 voluntarios que apoiaron a deportistas e organización. O concello de Lugo estivo representado por 48 deportistas de ASPNAIS e San Vicente de Paul.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-19a-edicion-dos-xogos-autonomicos-de-baloncesto-special-olympics