Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lucenses e bracarenses unidos pola nova guía turística promocional das cidades do Eixo Atlántico

Lucenses e bracarenses unidos pola nova guía turística promocional das cidades do Eixo Atlántico

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Información turística,
    • Promoción turística
Venres, 22 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
imagen

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este venres na entrega dun talón por valor a un viaxe a Braga, un premio enmarcado dentro da promoción realizada con motivo da publicación da nova guía turística promocional e de caracter histórico das cidades do Eixo Atlántico na prensa local e rexional de Galicia e Portugal, encargada de repartir esta publicación. Deste xeito, a prensa de Lugo ofreceu a posibilidade aos lucenses de gañar unha viaxe a Braga, cuxo premio foi entregado esta tarde, e a prensa de Braga, unha visita dos bracarenses a terras luguesas, un galardón que será entregado o martes. Tras a entrega deste talón, Basadre subliñou a importancia deste tipo de iniciativas para promover o turismo de promixidade entre dous países veciños.

Os tres Bens Mundiais cos que conta Lugo, a Muralla Romana, a Catedral e o Camiño Primitivo, xunto ás Termas Romanas, o Museo Provincial e as Vías XIX e XX, están presentes nesta guía, dispoñible en español e portugués, tanto en formato papel como a través de e-book.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lucenses-e-bracarenses-unidos-pola-nova-guia-turistica-promocional-das-cidades-do-eixo