Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A lúa de Xoán a seguinte represetación da XVIII Mostra de Teatro Infantil

A lúa de Xoán a seguinte represetación da XVIII Mostra de Teatro Infantil

Martes, 11 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A compañía de Teatro Nu representará esta semana a obra A Lúa de Xoán dentro da XVIII Mostra de Teatro Infantil que organiza a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.

Mañá mércores, 12 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha representación dirixida ao público familiar. O prezo será de 1 euro para os nenos e nenas e de 2 euros para os adultos.

A obra, dirixida a nenos e nenas de educación infantil, fala das emocións dun neno que debe salvar a vida do seu pai que enfermou. Xoán é un rapaz que vive nunha illa co seu pai que é pescador. Ambos viven felices, pero unha noite de tempestade un golpe de mar arrebata ao seu pai a saúde.

A representación está baseada nun conto de Carmen Solé Vendrell que escribiu e ilustrou no ano 1982.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lua-de-xoan-seguinte-represetacion-da-xviii-mostra-de-teatro-infantil