Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > López Orozco reúnese cos alcaldes do antigo partido xudicial para decidir que facer co cárcere vello

López Orozco reúnese cos alcaldes do antigo partido xudicial para decidir que facer co cárcere vello

Martes, 27 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo unha xuntanza cos alcaldes do antigo partido xudicial, con participación no vello cárcere, para solicitar a súa colaboración e chegar a un acordo en canto á propiedade do cárcere.

López Orozco salientou que neste momento se plantexou dende o Concello de Lugo unha proposta de negociación. O departamento de Economía valorará a propiedade de cada un dos Concellos para determinar a cantidade a pagar no caso de que a proposta sexa aceptada. En caso contrario, López Orozco plantexou a posibilidade de iniciar o proceso expropiatorio.

Os alcaldes do Corgo, Guntín, Friol e Outeiro de Rei propuxeron que os Concellos se quedasen cunha parte en propiedade para uso propio, pero o proxecto de Plan Urban que presentará o Concello de Lugo, pon a totalidade do vello cárcere a disposición dos veciños o que fai inviable a proposta. López Orozco suliñou que é lóxico que "cada alcalde defenda os seus dereitos, como non podía ser menos, eu tamén estou a defender os dereitos da cidadanía de Lugo".

O resto dos alcaldes dixeron que estaban dacordo coa proposta feita e que estudarían a valoración unha vez a reciban.

López Orozco definiu a xuntanza como "amigable" e anunciou que nuns días enviarán a valoración feita polo servizo de Economía do Concello e que será daquela cando se tome unha decisión.

O antigo partido xudicial está formado polos Concellos de Castro de Rei, O Corgo, Castroverde, Friol, Guntín, Outeiro de Rei e Pol.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lopez-orozco-reunese-cos-alcaldes-do-antigo-partido-xudicial-para-decidir-que-facer-co-carcere