Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > López Orozco recibiu aos asistentes do IV Congreso de Xestores Deportivos que se celebra en Lugo

López Orozco recibiu aos asistentes do IV Congreso de Xestores Deportivos que se celebra en Lugo

  • Tema
    • Deportes
Venres, 23 de marzo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron a unha gran parte dos voluntarios e das persoas que van asistir ao IV Congreso Galego de Xestión Deportiva 2012 que, por primeira vez, se celebrar en Lugo.

López Orozco agradeceu que a cidade escollida para celebrar este acto sexa Lugo e incidiu na importancia social que teñen as persoas que colaboran e organizan actividades deportivas “especialmente a todos os voluntarios que fan posible que se siga mantendo o deporte de base pero tampouco nos podemos esquecer de todos os postos de traballo que xera”. O Alcalde tamén aproveitou para animar aos participantes a seguir traballando nesa rede asociativa e explicou que en Lugo preto de 10.000 nenos e nenas son os que participan nas actividades deportivas organizadas polo Concello.

Este congreso, que terá lugar no salón de actos da Deputación de Lugo e no que están confirmadas a asistencia de máis de 150 persoas, vai dirixido ao persoal con responsabilidades de direción deportiva, profesionais titulados e estudantes dos ensino de ciencias da actividade física e o deporte e, en xeral, a calquera persoa con interese no ámbito deportivo, sexa público ou privado.

Ademais, durante eses días, tamén se vai celebrar a Asamblea Xeral de AGAXEDE e a Xunta Directiva da Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España (FAGDE) na que participan todos os presidentes das asociación de xestores deportivos de toda España.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lopez-orozco-recibiu-aos-asistentes-do-iv-congreso-de-xestores-deportivos-que-se-celebra-en