Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > López Orozco recibe aos campións galegos de atletismo por equipos e que pertencen aos colexios dos Franciscanos

López Orozco recibe aos campións galegos de atletismo por equipos e que pertencen aos colexios dos Franciscanos

  • Tema
    • Deportes
Luns, 21 de xaneiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron a visita do equipo de atletismo do colexio dos Franciscanos que acadaron os primeiros postos no Campionato Galego de Atletismo. Así, preto de 50 nenos e nenas de entre 7 e 13 anos explicaron como logran conxugar o deporte e os estudos.

Deste maneira, os atletas do colexio dos Franciscanos conseguiron tres ouros, 1 prata e 2 bronces, sendo o único equipo con presenta en todos os podiums.

López Orozco destacou que “é moi importante facer deporte e seguir esforzándose para acadar os mellores postos xa que, desta forma, seredes o exemplo para moitos outros nenos e nenas”. Tamén quixo agradecer o apoio dos pais e dos adestradores que “conseguen que estes atletas leven o nome de Lugo por moitas cidades”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lopez-orozco-recibe-aos-campions-galegos-de-atletismo-por-equipos-e-que-pertencen-aos-colexi-0