Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > López Orozco propón que unha vez se fusionen as caixas galegas se estude a posibilidade de que se instale en Lugo o centro de datos

López Orozco propón que unha vez se fusionen as caixas galegas se estude a posibilidade de que se instale en Lugo o centro de datos

  • Tema
    • Economía
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, propuxo hoxe que, de fusionarse as caixas galegas, Caixanova e Caixa Galicia, se estude a posibilidade de que a cidade se converta no centro de datos, “tendo en conta o aforro que a provincia destina ás entidades”.

“Somos capital dunha provincia e unha provincia moi aforradora. Así que o Concello está disposto a colaborar para que ese centro veña para Lugo. Lugo ten dereito a reclamar que unha das patas dese desenvolvemento das caixas se afinque en Lugo”, reclamou.

Fusión
En relación coa fusión das caixas manifestou que “hai que esperar ao estudo que encargou a Xunta a unha empresa e que emitirá un informe sobre a viabilidade da fusión”.

Reclamou así mesmo, “a constitución dunha caixa sostible, solvente e que non perda a súa galeguidade”.

López Orozco preguntouse así mesmo, o porqué do veto dos políticos nas caixas e interesouse polo que poida suceder co fondo social das entidades unha vez se produza a fusión.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lopez-orozco-propon-que-unha-vez-se-fusionen-caixas-galegas-se-estude-posibilidade-de-que-se