Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez reivindica unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade na clausura dun congreso sobre cancro

Lara Méndez reivindica unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade na clausura dun congreso sobre cancro

O Concello colabora co colecitvo SOMOS Unidos por el Cáncer no I Congreso Provincial para Pacientes con Cáncer y su Entorno Familiar, que se celebrou durante este sábado no Centro de Artesanía e Deseño

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Sanidade
Sábado, 14 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Clausura do I Congreso Provincial para Pacientes con Cáncer y su Entorno Familiar

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, clausurou este sábado o I Congreso Provincial para Pacientes con Cáncer y su Entorno Familiar, organizado polo colectivo SOMOS Unidos por el Cáncer coa colaboración do Concello de Lugo no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD). Trátase dunhas xornadas que pretenden convertirse nun punto de encontro para os pacientes de cancro, familiares e profesionais, no que se busca compartir experiencias e mellorar a información sobre os diferentes aspectos que abarca o cancro, unha enfermidade da que no pasado ano 2014 se diagnosticaron en España 241.284 tumores. Tras a última conferencia os participantes achegáronse á Muralla, que lucía de amarelo, cor característica deste colectivo que leva un ano traballando en Lugo para sensibilizar sobre o cancro.

No acto, no tamén estivo presente o presidente de SOMOS, José Manuel Vázquez e o deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, a rexedora reivindicou unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade. “A crise non pode ser excusa para frear a inversión sanitaria”; afirmou Lara Méndez, quen fixo fincapé na repercusión de contar coas partidas orzamentarias necesarias para non facer perigar a atenicón e as medidas de prevención. “Non debe haber discriminación algunha nas prácticas de detección temperá nin nas terapias paliativas, que se deben garantizar a toda a cidadanía con criterios de igualdade, equidade e suprimindo os copagos.

Neste senso, a Alcaldesa avanzou o apoio do Concello á investigación, fundamental para avanzar nos métodos de diagnóstico e na mellora de tratamentos de acceso gratuíto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-reivindica-unha-sanidade-publica-gratuita-universal-e-de-calidade-na-clausura-dun