Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recibe outra partida de mascarillas facilitadas polo Goberno aos Concellos da Provincia

Lara Méndez recibe outra partida de mascarillas facilitadas polo Goberno aos Concellos da Provincia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • COVID-19,
    • Sanidade
Luns, 21 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe outra partida de mascarillas facilitadas polo Goberno aos Concellos da Provincia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os Deputados provinciais, Pablo Rivera e Ana G. Abelleira recibiron esta maña unha nova partida de mascarillas, facilitadas polo Goberno aos Concellos da Provincia.

Méndez agradeceu a colaboración á subdelegada do Goberno, Isabel  Rodríguez e lembrou que “dende que se decretou o estado de alarma existiu unidade, comunicación e boa sintonía entre ambas administración ademáis de colaboración e coordinación, xa que se de verdade hai compromiso, a colaboración institucional debe estar por  riba de todo”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recibe-outra-partida-de-mascarillas-facilitadas-polo-goberno-aos-concellos-da