Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recibe ao alumnado de terceiro de primaria do CPR Divina Pastora para explicarlles o funcionamento do Concello

Lara Méndez recibe ao alumnado de terceiro de primaria do CPR Divina Pastora para explicarlles o funcionamento do Concello

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Luns, 29 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe ao alumnado de terceiro de primaria do CPR Divina Pastora para explicarlles o funcionamento do Concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez recibía esta mañá no Salón de Plenos do Concello ao estudantado de terceiro de primaria do CPR Divina Pastora para explicarlles o funcionamento do Concello e a actividade diaria que se desenvolve nel.

A rexedora compartiu uns momentos con medio cento de alumnas e alumnos que aproveitaron para facerlle todo tipo de preguntas relacionadas co papel que exerce como presidenta da Corporación, en que consiste o seu labor e tamén sobre a orixe e a evolución de proxectos municipais que están en marcha na cidade como o Carril Bici.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recibe-ao-alumnado-de-terceiro-de-primaria-do-cpr-divina-pastora-para-explicarlles