Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez preside a toma de posesión dunha axente de Policía Local que se incorpora á Xefatura de Lugo a través dunha permuta

Lara Méndez preside a toma de posesión dunha axente de Policía Local que se incorpora á Xefatura de Lugo a través dunha permuta

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Venres, 01 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a toma de posesión dunha axente de Policía Local que se incorpora á Xefatura de Lugo a través dunha permuta

A alcaldesa, Lara Méndez, presidiu esta mañá a toma de posesión dunha Policía Local procedente de Ourense que pasará a desempeñar as súas funcións na Xefatura de Lugo, logo de ser aprobada a permuta do seu posto en Xunta de Goberno o pasado mércores, 23 de marzo.

No acto, no que tamén estiveron presentes a edil responsable da área económica, Paula Alvarellos e o Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, a rexedora aproveitou para dárllela a benvida á nova axente e felicitala pola súa incorporación ao Corpo lucense, “porque ao tempo que recibimos a unha nova compañeira e veciña na cidade, seguimos sumando efectivos e ampliando o cadro de persoal municipal, o que pon de manifesto todos os esforzos que estamos a facer, dende a concellería de Gobernanza, para dotar á Policía Local e aos servizos de emerxencia de recursos humanos, materiais e de formación co obxectivo último de protexer á cidadanía”, afirmou Lara Méndez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-preside-toma-de-posesion-dunha-axente-de-policia-local-que-se-incorpora-xefatura