Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez preside a toma de posesión dun novo axente da Policía Local

Lara Méndez preside a toma de posesión dun novo axente da Policía Local

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Martes, 01 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a toma de posesión dun novo axente da Policía Local

A alcaldesa, Lara Méndez, presidiu esta mañá a toma de posesión dun novo axente da Policía Local, Adrián Cives Barbeira, funcionario de carreira, que desempeñará as súas funcións na Xefatura de Lugo, logo de permutar a súa praza en A Coruña.

No acto, no que tamén estiveron presentes a edil de Recursos Humanos, Paula Alvarellos, e o Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, a rexedora aproveitou para darlle a benvida ao novo axente procedente da cidade herculina. Así mesmo, a alcaldesa lembrou que dende o executivo municipal estase a facer un esforzo para reforzar o persoal deste corpo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-preside-toma-de-posesion-dun-novo-axente-da-policia-local