Lara Méndez, preside a misa do Corpus nos prolegómenos á Ofrenda do Reino de Galicia que este 2022 celebra o seu 350 aniversario
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural
Domingo, 19 de xuño de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por outros integrantes da Corporación Municipal presidiu esta mañá a Misa do Corpus na Praza de Santa María.
Un acto que precede á celebración, a vindeira fin de semana, da Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, unha cerimonia que neste 2022 cumpre o 350 aniversario e que lle corresponderá presentar ao Concello de Santiago de Compostela.
Este ano, a programación organizada incorpora importantes novidades como a estrea dunha peza musical de José Castiñeira, a misa solemne con arreglos de Uxío Domínguez e coa participación do Orfeón Lucense, a Coral do Hospital Xeral e a Filarmónica de Lugo.
