Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez participa nunha actividade con escolares enfocada a rachar cos estereotipos de xénero

Lara Méndez participa nunha actividade con escolares enfocada a rachar cos estereotipos de xénero

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación,
    • Igualdade
Venres, 11 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa nunha actividade con escolares enfocada a rachar cos estereotipos de xénero

A Alcaldesa, Lara Méndez, participou este venres nunha actividade desenvolvida polo colexio San José para loitar contra os estereotipos de xénero co obxectivo de que os nenos e nenas máis pequenos coñecesen en primeira persoa a mulleres que ocupan profesións e cargos que xeralmente se asocian a figuras masculinas.

Os nenos interesáronse sobre cal é o traballo da Alcaldesa e tiveron a ocasión de preguntarlle sobre todo tipo de temas relacionados coa cidade. Nos traballos previos dos profesores e profesoras cos escolares, estes definiron a figura do alcalde/alcaldesa como unha persoa “que é como o Rei porque manda”, “leva traxe” e “vai aos partidos de fútbol e voleibol”. Lara Méndez explicoulles que as nenas poden conseguir “todo o que se propoñan” ao igual que os nenos.

Ademais da rexedora, tamén acudiron á actividade unha xuíza, unha adestradora e unha futbolista.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-participa-nunha-actividade-con-escolares-enfocada-rachar-cos-estereotipos-de