Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez participa no acto de entrega da Insignia de Ouro da USC a Antonio Rigueiro, catedrático da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo

Lara Méndez participa no acto de entrega da Insignia de Ouro da USC a Antonio Rigueiro, catedrático da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Martes, 26 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa no acto de entrega da Insignia de Ouro da USC a Antonio Rigueiro, catedrático da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes no acto de entrega da Insignia de Ouro da USC a Antonio Rigueiro, catedrático do Departamento de Produción Vexetal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. Rigueiro recibiu a máxima distinción da USC no marco dun acto académico presidido polo reitor, Antonio López, que tivo lugar no salón de actos da Casa do Saber de Lugo.

A rexedora trasladou os seus parabéns ao docente e investigador homenaxeado pola súa traxectoria profesional e contribución científica. Méndez lembrou que Rigueiro é unha das persoas que está a traballar da man do Concello no proxecto LIFE Lugo + Biodinámico para o deseño dunha cidade máis verde, sostible e integradora.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-participa-no-acto-de-entrega-da-insignia-de-ouro-da-usc-antonio-rigueiro