Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez participa na terceira edición do Foro La Toja

Lara Méndez participa na terceira edición do Foro La Toja

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural
Venres, 01 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa na terceira edición do Foro La Toja

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na terceira edición do Foro La Toja que, ao longo de tres días, reuniu a importantes personalidades para analizar o contexto global dende diferentes perspectivas a través de mesas redondas e debates.

A rexedora mantivo contactos con numerosos empresarios, así como cos alcaldes das grandes cidades de Galicia e tamén co presidente do Goberno Pedro Sánchez.

O programa da convención afondou este venres no compromiso medioambiental e nas empresas protagonistas da recuperación.

A clausura do foro correu a cargo do seu presidente, Josep Piqué, que estivo acompañado polo primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, e polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-participa-na-terceira-edicion-do-foro-la-toja