Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez participa coa mocidade e Salva Arco na primeira xornada de Basket na Rúa para impulsar hábitos de vida saudables

Lara Méndez participa coa mocidade e Salva Arco na primeira xornada de Basket na Rúa para impulsar hábitos de vida saudables

A iniciativa impulsada polo Concello, en colaboración coa Fundación do Club Baloncesto Breogán, quere fomentar a afección ao deporte como prevención contra a drogas.

Nas actividades, que se celebrarán todos os sábados durante os meses de abril, maio e xuño, tamén participarán xogadores do equipo de baloncesto lucense.

Ademais da Praza da Milagrosa, tamén desenvolverase esta iniciativa na pista deportiva fronte ao CEIP Illa Verde, no barrio de Fingoi, e a pista do Sagrado Corazón.

  • Tema
    • Deportes,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Sábado, 09 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa coa mocidade e Salva Arco na primeira xornada de Basket na Rúa para impulsar hábitos de vida saudables

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, e do director xeral da Fundación do Club Baloncesto Breogán, Salva Arco, participou na primeira xornada de ‘Basket na Rúa’, celebrada este sábado na Praza da Milagrosa, compartindo pases e canastas coa mocidade que se inscribiu nesta actividade.

O rexedora animou a toda a mocidade a realizar deporte “e afeccionarse a práctica das moitas disciplinas deportivas que desde o Concello e os clubs fomentamos en Lugo, entres eles o baloncesto”. Destacou a importancia de “habituarnos a estilos de vida máis sans, clave na prevención contra o consumo de drogas, especialmente se comezamos xa desde a infancia”.

A iniciativa do Concello de Lugo e na que colabora a Fundación do Club Baloncesto Breogán, está dirixida á mocidade lucense, especialmente aos rapaces e rapazas de entre 10 e 18 anos de idade, pero tamén está aberto ás familias. “Un dos grandes atractivos desta acción é que os nenos poderán aprender dos monitores do Breogán e dos grandes xogadores deste club de Lugo, así como de ex xogadores que como Salva Arco continúan comprometidos co mesmo”.

A actividade é de carácter gratuíto e enmárcase no programa +Xti, que desenvolve o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, dependente da concellería de Xuventude, e que subvenciona o Ministerio de Sanidade a través do Plan Nacional de Drogas.

Mauricio Repetto lembrou que “as actividades organizaranse todos os sábados durante os meses de abril, maio e xuño na Praza da Milagrosa, na pista deportiva fronte ao CEIP Illa Verde no barrio de Fingoi e na pista do Sagrado Corazón”.

Calendario na Milagrosa:

  • Sábado, 16 de abril, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 23 de abril, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 30 de abril, de 10.30h a 13.30h

Calendario en Fingoi:

  • Sábado, 7 de maio, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 14 de maio, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 21 de maio, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 28 de maio, de 10.30h a 13.30h

Calendario no Sagrado Corazón:

  • Sábado, 4 de xuño, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 11 de xuño, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 18 de xuño, de 10.30h a 13.30h
  • Venres, 24 de xuño, de 17.00h a 20.00h

Máis info

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a xornada de Basket na Rúa | Descargar mp4 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-participa-coa-mocidade-e-salva-arco-na-primeira-xornada-de-basket-na-rua-para

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/lara_encesta.m4v.mp4