Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez mantén un encontro co voluntariado da Federación de Asociacións de Veciños que participaron na ‘Operación Kilo’

Lara Méndez mantén un encontro co voluntariado da Federación de Asociacións de Veciños que participaron na ‘Operación Kilo’

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Economía,
    • Igualdade,
    • Inclusión,
    • Atención cidadá
Mércores, 03 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez mantén un encontro co voluntariado da Federación de Asociacións de Veciños que participaron na ‘Operación Kilo’

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro este mércores con máis de 40 voluntarios e voluntarias que colaboraron de forma altruista na ‘Operación Kilo’, posta en marcha pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, co obxectivo de recadar alimentos e roupa para persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

Méndez informou que “esta operación solidaria, que supera xa as 30 edicións, volveu a ser un éxito, pois superáronse os 4.000 quilos de alimentos recollidos, chegando a un total de 336 usuarios e usuarias que solicitaron a axuda”. A cada beneficiario entregóuselle unha bolsa con produtos básicos: aceite, pastas, conservas, etc, composta por uns 12 quilos de alimentos.

Trala finalización desta primeira fase, a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industrias da Milagrosa puxo en marcha este mércores a ‘Operación Xoguete’ para recadar xoguetes, co obxectivo de que ningún neno ou nena se quede sen regalo este Nadal. Neste senso, a rexedora agradeceu a solidariedade da veciñanza e convidou a todos e todas as lucenses a colaborar con esta causa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-manten-un-encontro-co-voluntariado-da-federacion-de-asociacions-de-vecinos-que