Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez inaugura ‘Merca Lugo’, evento que reunirá no Pazo de Feiras e Congresos a aproximadamente 40 expositores

Lara Méndez inaugura ‘Merca Lugo’, evento que reunirá no Pazo de Feiras e Congresos a aproximadamente 40 expositores

A Feira multisectorial ‘Merca Lugo’, terá lugar dende hoxe, ata o próximo día 20 de febreiro.

Os 40 expositores, procedentes de diferentes puntos de Galicia, ofertarán productos de alimentación, bricolaxe, automoción, mobiliario.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Venres, 18 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez inaugura ‘Merca Lugo’, evento que reunirá no Pazo de Feiras e Congresos a aproximadamente 40 expositores

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inauguraba esta mañá, a feira de mostras de productos ‘Merca Lugo’, que se vai a celebrar na cidade dende hoxe, ata o próximo día 20 de febreiro, “un certame recuperado tras a paréntese forzada pola pandemia sanitaria” explicaba a rexedora.

No acto inaugural, a alcaldesa de Lugo estivo acompañada polo subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, Fernando Brinquis Crespo; o xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López; o director do CIFP As Mercedes, Joaquín Expósito López e representantes da UME e das Forzas Armadas.

O evento, reunirá no Pazo de Feiras e Congresos a aproximadamente 40 expositores, procedentes de diferentes puntos de Galicia, que ofertarán productos de alimentación, bricolaxe, automoción, cociña, etc. Ademais de estar habilitado tamén, un espazo informativo de reclutamento da Armada e outro do CIFP As Mercedes.

Para  Méndez, "esta Feira evidencia a capacidade do sector para adaptar os seus proxectos a novos modelos innovadores, sostibles e accesibles, sen renunciar ao atractivo para o público" explicaba destacando o espazo CIFP As Mercedes, onde comprobou de primeira man os avances en simuladores a través dun brazo robótico capaz de mover placas dunha superficie a outra, o simulador de voo ou a experiencia de “sentir coma se en verdade estiveses noutro lugar a través dunhas lentes de realidade virtual, coa imaxe e o movemento totalmente coordinado” apuntaba a rexedora.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-inaugura-merca-lugo-evento-que-reunira-no-pazo-de-feiras-e-congresos