Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez, inaugura a LXV Reunión da Sociedade de Ciruxía de Galicia

Lara Méndez, inaugura a LXV Reunión da Sociedade de Ciruxía de Galicia

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos xerais,
    • Sanidade
Venres, 26 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez, inaugura a LXV Reunión da Sociedade de Ciruxía de Galicia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistía esta tarde no MIHL, ao acto de inauguración LXV Reunión da Sociedade de Ciruxía de Galicia, que reunirá a profesionais e expertos da rama sanitaria procedentes de diferentes puntos de Galicia, para debater sobre enfoques médico-quirúrxicos.

Ao acto tamén asistiron, Carlos Gegúndez, Presidente del Comité Organizador LXV Reunión Sociedad de Ciruxía de Galicia; José Conde Vales, Presidente de la Sociedade de Ciruxía de Galicia; Ramón Ares Rico, Xerente del Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e José Tomé Roca, Presidente da Deputación de Lugo.

A rexedora puxo en valor a labor que “os profesionais sanitarios levástedes a cabo, xa que a Covid-19 determinou a necesidade da reorganización de moitos centros hospitalarios no mundo. Con todo, e desde o inicio da pandemia, en todos os centros que atenden urxencias cirúrxicas foi necesario o mantemento da súa cobertura, aínda que igualmente foi inevitable introducir directrices especiais de axuste ao novo escenario que permitan o mantemento da excelencia na calidade asistencial”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-inaugura-lxv-reunion-da-sociedade-de-ciruxia-de-galicia