Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez fai entrega dos Civitas Honoris a persoas que contribuíron á proxección de Lugo e do Arde Lvcvs a nivel internacional.

Lara Méndez fai entrega dos Civitas Honoris a persoas que contribuíron á proxección de Lugo e do Arde Lvcvs a nivel internacional.

Os galardoados nesta edición foron a ex concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, o artista e muralista, Yoe 33 (Manuel Pallín) e o fotógrafo Julio Riego San Martín.

Tamén se entregou un recoñecemento ás asociacións Guardia Pretoriana, Salesiani Luci Augusti e Mercenarios Galaicos que celebran nesta anualidade o seu X aniversario.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Información turística
Sábado, 24 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez fai entrega dos Civitas Honoris a persoas que contribuíron á proxección de Lugo e do Arde Lvcvs a nivel internacional

Nesta ocasión, os galardoados foron a ex concelleira Rosana Rielo, “precursora do Arde Lvcvs que hoxe coñecemos”; o muralista e artista gráfico Manuel Pallín, máis coñecido como Yoe 33,  autor da castrexa Coopora “que xa nos saúda a todos e todas dende o adarve da Muralla” e o fotógrafo Julio Riego San Martín – tan emocionado que non puido falar - , “un dos mellores embaixadores das nosas festas que dunha maneira anónima e desinteresada leva moitos anos retratando con grandeza esta celebración de recreación histórica”, explicou Lara Méndez.

A alcaldesa entregou os galardóns, representados cunha reprodución da Ponte Romana, agradecendo aos tres “a súa entrega, implicación e participación na creación, proxección e divulgación do Arde Lvcvs”, respectivamente.

“Ese traballo e o de todas as asociacións e colectivos que durante todo o ano preparan con mimo estes festexos foi o que acadou o recoñecemento internacional que xa ostentamos”, engadiu Méndez.

O acto, que tivo lugar, como de costume, no fondo da Praza Maior continuou co recoñecemento ás asociacións que celebran nesta anualidade o seu décimo aniversario: Guardia Pretoriana, Salesiani Luci Augusti, e Mercenarios Galaicos, ás que tamén se lles entregou como agasallo a reprodución da Ponte Romana.

Finalmente, a rexedora saudou ás asociacións procedentes doutras cidades que este ano participan no Arde Lvcvs: Astures de Carabanzo, Hermanos de Armas de La Rioja, Gaebolgh de Leon, Civitas Limicorum de Xinzo de Limia, Asociacion Casturventosa de Cacabelos, A Castronela de Friol, Astures y Romanos de Astorga, Ludus Bergidum Flavium de Cacabelos, Caballeria Lusitana de Cartagena, Guerras Cantabras de Corrales de Buelna, Artivm Ac Vitae de Jaen, Collegium Emeritae de Mérida. A alcaldesa entregou a cada unha delas como recordo un libro da Muralla.

Audios

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a entrega dos Civitas Honoris | Descargar mp3 [1]
  • O muralista e artista gráfico Manuel Pallín, sobre a entrega dos Civitas Honoris | Descargar mp3 [2]
  • A ex concelleira Rosana Rielo, sobre a entrega dos Civitas Honoris | Descargar mp3 [3]
  • A Garda Pretoriana, sobre o "10 Aniversario da Asociación" | Descargar mp3 [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-fai-entrega-dos-civitas-honoris-persoas-que-contribuiron-proxeccion-de-lugo-e-do

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/240623_lara_mendez_-_civitas_honoris.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/240623_manuel_pallin_-_civitas_honoris.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/240623_rosana_rielo_-_civitas_honoris.mp3
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/240623_garda_pretoriana_-_10_aniversario_asociacion.mp3