Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez: “A estratexia verde que desenvolvemos desde hai 6 anos está transformando Lugo e a súa economía”

Lara Méndez: “A estratexia verde que desenvolvemos desde hai 6 anos está transformando Lugo e a súa economía”

A alcaldesa participou no IV Foro das Cidades, á que foi convidada para explicar o proxecto de urbanismo sostible lucense e o uso da madeira para construír “novas aldeas urbanas”.

A rexedora proxectou a fortaleza da cidade para atraer empresas relacionadas coa bioeconomía coa marca sostible de Lugo e o fondo inversor municipal Lugo Transforma

O foro reuniu a máis de 50 cidades españolas e latinoamericanas.

  • Tema
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Mércores, 09 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “A estratexia verde que desenvolvemos desde hai 6 anos está transformando Lugo e a súa economía”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá no Foro das Cidades de Madrid 2021, un dos principais espazos de debate sobre o futuro urbano grazas a alta representación e o número organizacións impulsoras, máis de 70, e de cidades participantes, máis de 50 españolas e latinoamericanas.

A rexedora foi convidada a participar de forma virtual na mesa de debate ‘Cidades con pensamentos verdes’ para explicar el proyecto Lugo+Life, onde se analizou o desenvolvemento e as vantaxes das novas visións sobre as infraestructuras verdes. Méndez incidiu no modelo de cidade no que se está a traballar, “seguindo unha estratexia innovadora de planificación urbana dirixida a actuacións de escala intermedia en barrios ou áreas residenciais para lograr tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático”.

Lara Méndez puxo en valor o proxecto, co que non só se busca mellorar a calidade de vida da veciñanza, máis saudable, recuperando espazos para os peóns e apostando por unha nova mobilidade, reducindo o uso dos vehículos, senón tamén impulsar o sector forestal ao fomentar o uso da madeira de Galicia como elemento estrutural das vivendas e dos edificios.  Neste senso, o referente en España e Europa está a ser o Impulso Verde, que se levanta na Garaballa, “que será o xerme do primeiro barrio multiecolóxico de España, concebido como unha aldea urbana  pola súa concepción sostible e de eficiencia enerxética, que busca crear novos hábitos de vida e novas relacións interxeracionais”, sostivo.

A alcaldesa avanzou ademais, que a marca sostible de Lugo, ‘Lugo Cidade Viva’ se está a converter nun factor clave para a atracción de empresas vinculadas coa economía verde e circular, investimentos que tamén se buscan a través da Estratexia Lugo Transforma, un fondo municipal de 12 millóns de euros para impulsar a diversificación económica da cidade e a creación de postos de traballo que permitan reter o talento.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-estratexia-verde-que-desenvolvemos-desde-hai-6-anos-esta-transformando-lugo-e-sua