Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez “estas luces achegannos a esperanza de deixar atrás esta pandemia que nos tocou vivir”

Lara Méndez “estas luces achegannos a esperanza de deixar atrás esta pandemia que nos tocou vivir”

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Información turística
Martes, 22 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez “estas luces achegannos a esperanza de deixar atrás esta pandemia que nos tocou vivir”

O Concello foi este martes testemuña do encontro entre a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que recibiu, no seu despacho de Alcaldía, a Alfonso, o propietario da casa situada no barrio lucense de  As Gándaras que destaca nas redes sociais pola súa decoración navideña.

A alcaldesa agradeceu que “neste ano a súa casa, xa coñecida desde hai anos, incrementara a decoración nun Nadal diferente e atípico que leva detrás unha batalla de moitos meses fronte unha crise sanitaria que veu a sumar outra social e económica, e derrubou sólidos piares dunha sociedade tranquila” ao tempo que agradeceu que “estas luces nos achegan a esperanza e convicción de que co esforzo e o coidado de todos sairemos adiante xa que é tempo de deixar atrás esta pandemia que nos tocou vivir”.

A rexedora aproveitou a visita para entregar a Alfonso unha serie de agasallos os cales o propietario asegurou que “ao meu cativo lle van encantar xa que gustalle moito a lectura e os xogos de mesa”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-estas-luces-achegannos-esperanza-de-deixar-atras-esta-pandemia-que-nos-tocou-vivir