Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez efectivizou esta mañá a toma de posesión dunha arquitecta técnica municipal

Lara Méndez efectivizou esta mañá a toma de posesión dunha arquitecta técnica municipal

  • Tema
    • Emprego
Martes, 25 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez efectivizou esta mañá a toma de posesión dunha arquitecta técnica municipal

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión dunha arquitecta técnica municipal.

A alcaldesa aproveitou para felicitar a Laura Eyre polo nomeamento, agradecendo o labor que realizou durante os últimos catro anos como funcionaria interina ao tempo que subliñou a “importancia de avanzar na cobertura de todos os postos, que redundará nunha mellora da capacidade organizativa, tanto do traballo como dos efectivos cos que contan os departamentos, e que contribuirán, en definitiva, a optimizar a atención cidadá”, subliñou Lara Méndez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-efectivizou-esta-mana-toma-de-posesion-dunha-arquitecta-tecnica-municipal