Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez efectiviza a toma de posesión de 6 novos Inspectores e un oficial da Policía Local

Lara Méndez efectiviza a toma de posesión de 6 novos Inspectores e un oficial da Policía Local

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Transporte,
    • Tráfico,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Luns, 19 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez efectiviza a toma de posesión de 6 novos Inspectores e un oficial da Policía Local

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola concelleira Paula Alvarellos e polo Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de seis Inspectores e un oficial logo de que os sete superaran tanto o proceso de promoción correspondente como a fase de prácticas.

A rexedora trasladou os seus parabéns a todos os efectivos polo seu nomeamento, desexándolles sorte no desenvolvemento do seu cometido, “dunha gran relevancia e responsabilidade, sempre ao servizo público de Lugo e da súa veciñanza”.

“Trátase dun día importante para o Concello – sinalou Lara Méndez – en tanto a cobetura de postos xerárquicos nos permite optimizar a organización das patrullas o que contribúe a mellorar tamén a seguridade cidadá”, sinalou a alcaldesa.

Durante o acto, o Intendente da Xefatura, Jesús Piñeiro, agradeceu á rexedora e a todo o equipo da área de Persoal “os esforzos que se levan realizado para, pouco a pouco, acadar que a estrutura xerárquica da Policía Local de Lugo sexa acorde á dunha capital de provincia”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-efectiviza-toma-de-posesion-de-6-novos-inspectores-e-un-oficial-da-policia-local