Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez e Miguel Fernández reciben no Concello ao padexeiro Isaac Toro, que vén de vencer no preolímpico e acadar a Copa do Mundo

Lara Méndez e Miguel Fernández reciben no Concello ao padexeiro Isaac Toro, que vén de vencer no preolímpico e acadar a Copa do Mundo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Mércores, 25 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Miguel Fernández reciben no Concello ao padexeiro Isaac Toro, que vén de vencer no preolímpico e acadar a Copa do Mundo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, recibiron este mércores ao padexeiro do Club Fluvial, Isaac Toro, que dous días despois de vencer no preolímpico e lograr un billete para Río 2016, conseguiu a Copa do Mundo, xunto a Saúl Craviotto en Duisburg. Á recepción tamén asistiu o presidente e o vicepresidente do Club Fluvial, Tito Valledor e Luis Ramos Misioné, respectivamente, así como ao técnico de piragüismo deste club,  José Antonio Fernández “MUS”.

A rexedora felicitou a Isaac polos recoñecementos acadados e desexoulle moita sorte e moitos éxitos nos vindeiros xogos olímpicos. No acto realizouse un intercambio de agasallados, recibindo a Alcaldesa unha camiseta asinada polo deportista e o padexeiro o libro Os Caneiros do Río Miño, editado polo Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-e-miguel-fernandez-reciben-no-concello-ao-padexeiro-isaac-toro-que-ven-de-vencer