Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez e Darío Campos dan a saída á IV Volta as Comarcas de Lugo, que reúne a máis de 200 participantes de toda España

Lara Méndez e Darío Campos dan a saída á IV Volta as Comarcas de Lugo, que reúne a máis de 200 participantes de toda España

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Venres, 25 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Darío Campos dan a saída á IV Volta as Comarcas de Lugo, que reúne a máis de 200 participantes de toda España

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto aos responsables de Deportes na entidade local e na provincial, Miguel Fernández e Pablo Rivera, deron o pistoletazo de saída á IV Volta ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, que deu comezo este venres dende a Praza Maior da capital luguesa e continuará durante toda a fin de semana.

Celebraranse 3 etapas, que discorrerán por 12 municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo, Castroverde e Pol. Son preto de 200 os participantes, que proceden de toda Galicia, así como doutras comunidades como Valencia, Estremadura, Asturias, Castela e León, e do norte de Portugal. Os corredores, xunto aos seus acompañantes, xa teñen reservado aloxamento en Lugo, A Pontenova e A Fonsagrada, así como en municipios limítrofes, pois son os puntos de saída e chegada da Volta, que deixará uns beneficios de 100.000 euros para a provincia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-e-dario-campos-dan-saida-iv-volta-comarcas-de-lugo-que-reune-mais-de-200