Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez e Ana González Abelleira súmanse á campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Lara Méndez e Ana González Abelleira súmanse á campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais
Sábado, 01 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, sumáronse á campaña da asociación Capaces Lugo, que busca a concienciación para dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas con este trastorno e as súas familias.

Esta campaña coincide coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que terá lugar mañá domingo, 2 de abril, baixo o lema Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible.

A cidadanía que queira participar na campaña de Capaces Lugo, pode subir as súas fotos ou vídeos rompendo o papel que simboliza a ruptura das barreiras polo autismo ás redes sociais co hashtag #DíaMundialAutismo, e enviándoas por WhatsApp ao teléfono 619-17-08-90 ou ao correo electrónico capaceslugo@gmail.com [1] e esta entidade compartiraas nos seus perfís.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-e-ana-gonzalez-abelleira-sumanse-campana-polo-dia-mundial-de-concienciacion-sobre

Ligazóns:
[1] mailto:capaceslugo@gmail.com