Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez e Ana González Abelleira entregan agasallos aos nenos e nenas que participan no programa Aprende xogando

Lara Méndez e Ana González Abelleira entregan agasallos aos nenos e nenas que participan no programa Aprende xogando

Este proxecto organizado polo Concello, que se realiza durante todo o ano, amplía o seu horario durante o período das vacacións escolares

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Infancia,
    • Conciliación
Mércores, 28 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Ana González Abelleira entregan agasallos aos nenos e nenas que participan no programa Aprende xogando

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitaron este mércores no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra aos nenos e nenas que están a participar no programa Aprende xogando, organizado polo Concello. A rexedora e a edil repartiron agasallos, grazas á colaboración entre a entidade local e a empresa Tiger.

Este proxecto, que se está a levar a cabo nos centros de convivencia Uxío Novoneyra e Maruja Mallo e nas instalacións situadas no Parque da Milagrosa, realízase durante todo o ano e amplía o seu horario durante o período das vacacións escolares. Ademais, todos os asistentes a calquera actividade organizada polo Concello nestas datas de Nadal, contarán cun obsequio da mencionada cadea Tiger.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-e-ana-gonzalez-abelleira-entregan-agasallos-aos-nenos-e-nenas-que-participan-no